O Santiago Futsal presenta as novas camisetas para a nova tempada

O Santiago Futsal presenta as novas camisetas para a nova tempada
O Santiago Futsal presenta as novas camisetas para a nova tempada

O primeiro partido xogarase o próximo día 21 contra o Alzira FS en Santa Isabel

O Santiago Futsal presentou hoxe as súas novas camisetas a través das súas canles de comunicación oficiais.

O conxunto da capital galega, que este ano disputará o seu segundo ano consecutivo na Segunda División da LNFS, volve ao branco na súa primeira vestimenta para esta nova tempada 2019-2020, sendo o azul escuro é a cor elixida para os metas. Para as segundas equipaxes manterase a cor verde para os xogadores de campo e o amarelo para os porteiros.

Desta forma o Santiago Futsal segue vinculado á reciclaxe, unha das causas coas que está comprometido xa sexa representando así con cada unha das súas camisetas os diferentes tipos de contedores ou ben a través de diferentes accións como a sensibilización en centros educativos con xogadores do club ou a “ contenerización” de Santa Isabel en días de partido.

Esta primeira xornada de liga aprázase para o Santiago Futsal xa que conta con tres dos seus xogadores (Recio, Nito e Adrián “Pirata” ) no Campionato Europeo Sub 19 que se está disputando en Riga e que hoxe se xogan o pase á final contra Polonia ás 19:00 hora española. Debido a isto, o primeiro partido xogarase o próximo día 21 contra o Alzira FS en Santa Isabel.

Comentarios