O túnel de Conxo contará cun radar no vindeiro ano

O túnel de Conxo contará cun radar no vindeiro ano
O túnel de Conxo contará cun radar no vindeiro ano

O Concello remitirá o permiso de instalación do radar ao Ministerio de Fomento

Gonzalo Muíños, concelleiro de Mobilidade, afirmou onte que o seu departamento xa está elaborando un escrito que nos próximos días remitirán ao Ministerio de Fomento para pedir o permiso correspondente para instalar un rada fixo no túnel de Conxo.

Con todo, espérase que o aparato esté instalado no primeiro trimestre do 2020, tendo en conta a situación na que está agora o mesmo o Goberno Central.

O estudo de velocidade da empresa que xestiona o cobro das multas tamén inclúe un apartado no que se identifica o punto específico para instalar o radar xa que como di o propio concelleiro "é cuestión de seguridade viaria".

No paso inferior de Conxo, o cal está limitado a 40 e 50 km/h dependendo do carril que se escolla (o da esquerda a 50 e o da dereita a 40) en tan só 9 días máis de 15.000 vehículos circularon a unha velocidade superior aos 110 kilómetros por hora. Esta medición fíxose a finais de abril e principios de maio controlando a velocidade dun total de 180.000 vehículos.

O Conselleiro de Mobilidade, Gonzalo Muíños, destacou no se momento que é preciso tomar unha medida urxente, xa que é unha gran temeridade pasar por ese punto a tal velocidade. Ademais, o conselleiro engade que o 98% dos conductores infrinxe esta norma. Por elo, a partir do mes que ven, en colaboración co Concello de Santiago e a Policía porá en marcha as medidas que se consideren oportunas para frear o límite de velocidade neste paso inferior.

Muíños señala que o obxetivo das futuras medidas non ten un afán recaudatorio senón a seguridade da cidadanía e apunta que calquera cousa que se faga para levar a cabo a reducción de velocidade neste tramo será moi visible.

Comentarios