Continúa a xornada soleada na cidade

Continúa a xornada soleada na cidade
Continúa a xornada soleada na cidade

En Compostela a temperatura mínima acadará os 16ºC e a máxima ata os 30ºC

Galicia continuará baixo a influencia das altas presións. Con esta situación, agárdanse ceos pouco anubrados ou despexado en xeral. 

Pola tarde medrarán nubes de evolución no sur e leste, con probabilidade dalgún chuvasco illado e ocasional á noite. 

Na Mariña Luguesa iranse formando nubes de estancamento que mesmo poden deixar algún orballo a partir do mediodía. 

As temperaturas ascenderán, especialmente as mínimas. En Compostela a temperatura mínima acadará os 16ºC e a máxima ata os 30ºC.

Os ventos soprarán do nordés, serán frouxos na metade sur de Galicia, no resto terán intensidade moderada, con intervalos fortes entre Bares e a Costa da Morte.

Comentarios