Continúa a xornada de ceos descubertos durante este sábado

Continúa a xornada de ceos descubertos durante este sábado
Continúa a xornada de ceos descubertos durante este sábado

En Compostela a temperatura mínima acadará os 18ºC e a máxima os 28ºC

Aínda que continuaremos durante o sábado baixo influencia anticiclónica, a chegada de aire frío nas capas altas da atmosfera dará lugar a certa inestabilidade. 

Con esta situación, agárdanse ceos con alternancia de nubes e claros, con chuvascos de carácter tormentoso que comezarán durante a tarde pola provincia de Ourense e co avance da noite iranse movendo cara ao norte. 

As temperaturas mínimas continuarán en ascenso e as máximas quedarán sen cambios significativos, ou con lixeiros descensos. En Compostela a temperatura mínima acadará os 18ºC e a máxima os 28ºC.

Os ventos soprarán frouxos do nordés, moderados no litoral norte con intrevalos fortes entre Estaca de Bares e Fisterra.

Comentarios