Chega a inestabilidade atmosférica á cidade

Chega a inestabilidade atmosférica á cidade
Chega a inestabilidade atmosférica á cidade

En Compostela a temperatura mínima acadará os 17ºC e a máxima os 27ºC

A situación meteorolóxica para o domingo virá marcada pola inestabilidade atmosférica debido á presenza de aire frío nas capas altas da atmosfera. 

Así, agárdanse ceos parcialmente cubertos con chuvascos treboentos máis probables durante a tarde no interior. 

As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos, mentres que as máximas terán un lixeiro descenso. En Compostela a temperatura mínima acadará os 17ºC e a máxima os 27ºC.

O vento soprará do nordés, frouxo en xeral, moderado no terzo norte, con réxime de brisas nas Rías Baixas.

Comentarios