Santa Bernardita fixo acto de presenza en Boqueixón

Santa Bernardita fixo acto de presenza en Boqueixón
Santa Bernardita fixo acto de presenza en Boqueixón

O comezo da cerimonia relixiosa foi as 16:45 horas

A capela da Virxe de Lourdes de Lestedo, en Boqueixón, recibiu hoxe 14 a visita das reliquias de Santa Bernardita no percorrido que ata o vindeiro Nadal efectúa por distintos puntos de España dentro dun periplo por varios países europeos. 

O recibimento tivo lugar ás 16:30 horas ante o cruceiro situado fronte á capela. Para darlle a benvida ás reliquias lanzarase unha batería de foguetes, repicarán as campás e actuará a Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla. De seguido, as reliquias serán trasladadas ata unha carpa instalada fronte á capela. 

O comezo da cerimonia relixiosa foi as 16:45 horas. Consistiu nunha evocación da vida de Santa Bernardita, á que seguiu a lectura dun fragmento do Evanxeo, unha plática, unha recitación de poemas por parte de nenos e nenas da zona, a exposición do Santísimo Sacramento e a beizón a cada persoa enferma que se atope presente e así o solicite. 

Ás 17:20 horas a reliquia de Santa Bernardita ingresou na capela, abrindo un tempo para que as persoas que o desexen puideron entrar a rezar ante ela. Nese momento, no interior da capela rezouse o rosario e fóra a banda de música ofrecerá un concerto.

A despedida das reliquias goi as 18:15 horas e pouco despois, ás 18:30 horas, para descubrirse unha placa conmemorativa da xornada.

WhatsApp Image 2019 09 14 at 17.47.21


Comentarios