Localizan a unha muller que se perdeu en Ponte Caldelas e puido ser localizada grazas ao WhatsApp

Localizan a unha muller que se perdeu en Ponte Caldelas e puido ser localizada grazas ao WhatsApp
Localizan a unha muller que se perdeu en Ponte Caldelas e puido ser localizada grazas ao WhatsApp

Os axentes acudiron ata o lugar indicado, onde atoparon á muller en bo estado de saúde

Unha muller que se perdeu cando paseaba polas proximidades do Río Verdugo, en Ponte Caldelas, puido ser atopada a través do envío das coordenadas ao 112 Galicia empregando o seu teléfono móbil.

Deste xeito, mediante o uso da aplicación WhatsApp, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia recibiu a súa posición, dato que foi transferido á Garda Civil. 

Así, os axentes acudiron ata o lugar indicado, onde atoparon á muller en bo estado de saúde.

Comentarios