Noia acometerá obras na rede de abastecemento de auga na Corredoira Luís Cadarso

Noia acometerá obras na rede de abastecemento de auga na Corredoira Luís Cadarso
Noia acometerá obras na rede de abastecemento de auga na Corredoira Luís Cadarso

Os traballos terán lugar o martes 17 de setembro e suporán a interrupción do subministro de auga entre as 8:00 e as 15:00 horas nas rúas Galicia, Travesía, Santísima Trinidade e Corredoira Luís Cadarso

O Concello de Noia acometerá obras de mellora na rede municipal de abastecemento de auga ao seu paso pola Corredoira Luís Cadarso que permitirán mellorar o servizo que reciben os veciños e veciñas das rúas Galicia e Travesía. 

Uns traballos que serán acometidos polas brigadas municipais de Obras e que terán lugar o vindeiro martes 17 de setembro, data durante a cal estará interrompido o servizo de subministro de auga entre as 8:00 e as 15:00 horas nas rúas Travesía, Santísima Trinidade e Corredoira Luís Cadarso, así como na marxe dereita da rúa Galicia (sentido Santiago). Ademais, tamén estará cortada ao tráfico de vehículos a rúa Travesía.

O concelleiro de Obras, Martín Fernández Godón, explica que “imos instalar unha válvula de corte que nos permitirá garantir o mantemento do servizo aos veciños e veciñas das rúas Galicia e Travesía, aínda que se produza outra avaría na zona”. Coa situación actual, avarías na Corredoira Luis Cadarso como a acontecida durante as festas do San Bartolomeu supoñían a interrupción do servizo de auga a toda a zona 

 “Deste xeito, a reparación dunha futura incidencia na rede de abastecemento nesta zona de Noia non obrigará a cortar o subministro a todas as rúas, senón só onde tivo lugar ese incidente”, sinala Fernández Godón.

Comentarios