Xornada inestable durante todo o día

Xornada inestable durante todo o día
Xornada inestable durante todo o día

En Compostela a temperatura mínima acadará os 16ºC e a máxima os 25ºC

O luns Galicia estará con influencia anticiclónica en superficie pero con aire frío en capas altas da atmosfera, o que dará lugar a inestabilidade.

Polo tanto, os ceos estarán parcialmente anubrados, con brétemas no litoral. 

Co avance do día medrarán nubes de evolución que deixarán chuvascos localmente treboentos, máis probables en zonas de interior. 

As temperaturas sufrirán un descenso entre lixeiro e moderado descenso. En Compostela a temperatura mínima acadará os 16ºC e a máxima os 25ºC.

O vento soprará frouxo de dirección variable, con predominio do nordés no terzo norte.

Comentarios
Lo más