Morre un cazador tras ser atropelado por un vehículo en Monforte de Lemos
O home paro o vehículo na estrada LU-617 para comprobar a carga do seu remolque e foi nese momento cando un vehículo atropellou ao home
Un cazador resultou falecido esta pasada noite despois de ser atropelada na LU-617, concretamente no punto quilométrico 4, ao seu paso polo concello de Monforte de Lemos, en Lugo.
Uns minutos despois das 21:30 horas, os Bombeiros de Monforte comunicaban ao 112 Galicia a saída do persoal de emerxencias tras ser alertados por mor dun accidente de tráfico.
Decontado, os xestores de emerxencias puxeron en alerta ao Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos axentes da Garda Civil de Tráfico. Así mesmo, púxose o suceso en coñecemento do persoal da Policía Local e Protección Civil da localidade.
A pesar dos esforzos dos servizos sanitarios desprazados ata ao punto, só puideron confirmar o falecemento da persoa.