O lume dos últimos días arrasa 669 hectáreas de monte

O lume dos últimos días arrasa 669 hectáreas de monte
Foto de arquivo
O lume dos últimos días arrasa 669 hectáreas de monte

Continúan controlados os lumes da Gudiña (379,91 ha), de Riós (51,84 ha) e de Chandrexa de Queixa (19 ha) 

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 9:00 horas de hoxe. Ata o momento a superficie queimada nestes últimos días ascende a 669 hectáreas de monte.

CONTROLADO QUIROGA - HOSPITAL

Controlado desde as 16:52 horas de onte o lume rexistrado no concello lugués de Quiroga, parroquia do Hospital. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 149,8 hectáreas, das cales 115,4 son de monte raso e as 34,44 restantes de arborado. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control mobilizáronse un técnico, 12 axentes, 44 brigadas, 21 motobombas, tres pas, oito avións e seis helicópteros.

CONTROLADO A GUDIÑA

Permanece controlado desde as 13:40 horas de onte o incendio no municipio ourensán da Gudiña, parroquia de Barxa, tras entrar por Portugal. Segundo as últimas estimacións afecta 379,91 hectáreas, das cales 164,96 son de arborado e o resto de monte raso. Na súa extinción levan traballado un técnico, 14 axentes, 38 brigadas, 18 motobombas, catro pas, seis helicópteros e dous avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

CONTROLADO RIÓS

Tamén segue controlado desde as 13:35 horas de onte o lume rexistrado no concello ourensán de Riós, parroquia do Navallo. Segundo estimacións, a superficie afectada é de 51,84 hectáreas, das cales 8 son de monte raso e o resto arborado. Nos traballos de extinción levan participado 13 axentes, 25 brigadas, 13 motobombas, unha pa, un avión e un helicóptero.

CONTROLADO CHANDREZA DE QUEIXA

Permanece tamén controlado desde ás 20:01 horas do sábado o incendio no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Casteloais. Segundo últimas estimacións, afecta 19 hectáreas de superficie, das cales dúas son de arborado e 17 de raso. Na súa extinción levan traballado 8 axentes, 26 brigadas, 12 motobombas, cincohelicópteros e un avión.

EXTINGUIDO BEGONTE

Extinguido dende as 5:55 horas desta madrugada o lume rexistrado no concello lugués de Begonte, parroquia do Castro, que afectou 18 hectáreas, todas elas de arborado. Para o seu control mobilizáronse un técnico, sete axentes, 20 brigadas, 13 motobombas, dúas pas, sete helicópteros e dous avións.

EXTINGUIDO QUIROGA - ENCIÑEIRA

Ás 19:48 horas de onte o lume quedou extinguido o lume do concello de Quiroga, parroquia da Enciñeira. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 52,92 hectáreas, das cales 48,27 son arboradas e 4,65 de monte raso. Na súa extinción mobilizáronse oito axentes, 20 brigadas, sete motobombas, unha pa, cinco avións e cinco helicópteros.

Comentarios
Lo más