Éxito rotundo das rapazas do Vcitoria FC en Gijón

Éxito rotundo das rapazas do Vcitoria FC en Gijón
Éxito rotundo das rapazas do Vcitoria FC en Gijón

As xogadoras que dirixe Chivi García amosaron seriedade desde o asubío inicial fronte ao recién ascendido e colocáronse moi cedo por diante no marcador

Non era unha saída sinxela, pero como dicía o seu adestrador na previa o traballo da pretempada estaba a ser realmente bó, de ahí o excepcional partido que completaron as futbolistas do Victoria F.C. en Mareo este domingo. 

O primeiro conxunto feminino de Santiago abriu a Liga 2019/20 en 1ª División cun contundente 1-6 fronte ao Sporting de Gijón B que, aínda que de momento sexa anecdótico, o coloca líder na táboa empatado a puntos co Sardoma, Deportivo Abanca B, CD Monte e Viajes Interrías Fútbol Femenino.

As xogadoras que dirixe Chivi García amosaron seriedade desde o asubío inicial fronte ao recién ascendido e colocáronse moi cedo por diante no marcador cun gol de Noela a centro de Alba (min.4). Gara aumentaría o marcador cun centro chut que se colaba pola escadra da portería rival mentres que Carlita poñía o terceiro cun disparo dende a frontal. 

Albita cerrou o marcador co cuarto tanto antes do peche da primeira metada, tras un saque de esquina. Afrontaba así o tempo de descanso o Victoria cun triunfo parcial de 0-4.

A segunda metade comezaba cun tanto da local Eva que permitiu ao Sporting B recortar distancias. Non obstante, non tardou Ánxela en meter un gran pase entre liñas que Chorén soubo rematar en gol para poñer o quinto das 'rojillas' no marcador. Gara, de novo, firmaba o definitivo 1-6 que permite ao cadro compostelá comezar do mellor xeito posible esta tempada.

O próximo encontro do Victoria F.C. séra este domingo día 22 ás 16.30 horas no campo Municipal de Santa Isabel fronte o Racing de Santander B.

Comentarios