Rois quere que á veciñanza participe no Regulamento orgánico da Corporación

Rois quere que á veciñanza participe no Regulamento orgánico da Corporación
Rois quere que á veciñanza participe no Regulamento orgánico da Corporación

Quere unificar nun so documento de fácil comprensión as múltiples disposicións que afectan ao funcionamento da vida municipal

O equipo de goberno de Rois acaba de facer unha consulta pública concedéndolle á veciñanza e persoas interesadas dez días naturais para que poidan aportar suxestións para a elaboración do Regulamento orgánico da Corporación.

O Concello de Rois, tan como anunciou o alcalde a pasada semana, ten previsto iniciar nas vindeiras semanas a tramitación do Regulamento orgánico da Corporación coa finalidade de completar e sistematizar as disposicións máis relevantes que rexen a organización e funcionamento da Corporación, de garantir os principios de publicidade e transparencia na actividade municipal, así como os dereitos de participación cidadá e acceso á información pública.

A oportunidade da iniciativa xorde pola recente constitución da nova Corporación resultante das eleccións do pasado 26 de maio e pola conveniencia de dispor nun só texto, e de forma facilmente comprensible, as múltiples disposicións relevantes que afecten ao desenvolvemento da vida municipal.

Por esta razón, e consonte á lexislación vixente, realizase esta consulta pública coa finalidade de que as persoas, entidades interesadas e as organizacións representativas poidan presentar no prazo de dez días hábiles, contados a partir do 16 de setembro, as suxestións que xulguen oportunas con relación ao contido do Regulamento orgánico proxectado. 

Comentarios
Lo más