Preto de medio cento de persoas gozaron o domingo do roteiro "Unha Volta ao Pico"

Preto de medio cento de persoas gozaron o domingo do roteiro "Unha Volta ao Pico"
Preto de medio cento de persoas gozaron o domingo do roteiro "Unha Volta ao Pico"

A actividade finalizou no campo da feira de Lestedo, onde se celebraba o mercado dominical

Preto de medio cento de persoas participaron o domingo no roteiro Unha Volta ao Pico, organizado polo Concello de Boqueixón. A actividade comprendeu un percorrido por diversos lugares de interese pola contorna do Pico Sacro. Esta cita contou coa presenza do alcalde boqueixanés, Manuel Fernández Munín, e do concelleiro de Turismo, José Manuel Canabal.

A técnico de Turismo municipal, Alba Rodríguez, foi a encargada de guiar a todas as persoas asistentes a este roteiro duns 8,3 quilómetros de distancia. Pasaron polo Pico Sacro, o antigo cemiterio de Lestedo e a igrexa da Granxa, entre outros puntos de interese. 

A actividade finalizou no campo da feira de Lestedo, onde se celebraba o mercado dominical. Alí ofreceuse unha proposta dentro do programa Feiras Activas, impulsado polos Departamentos boqueixaneses de Cultura e Turismo, que comprendeu unha actuación do grupo Volta e Dálle Teatro.  

Dende a organización amosaron a súa satisfacción pola boa resposta obtida por parte do público. Agardan poder desenvolver máis iniciativas deste tipo e que permitan coñecer de preto os principais

Comentarios
Lo más