Agárdanse chuvias na tarde en Compostela

Agárdanse chuvias na tarde en Compostela
Agárdanse chuvias na tarde en Compostela

En Compostela a temperatura mínima acadará os 16ºC e a máxima os 27ºC

O martes persistirá certa inestabilidade atmosférica. 

Con esta situación, agárdanse bancos de néboa matinais en zonas de interior e brétemas costeiras no litoral atlántico; no resto os ceos alternarán nubes e claros, con posibilidade de chuvascos treboentos, máis probables no interior.

As temperaturas non terán cambios significativos. En Compostela a temperatura mínima acadará os 16ºC e a máxima os 27ºC.

Os ventos soprarán frouxos en xeral, de dirección variable, con predominio do nordés no terzo norte.

Comentarios