Néstor Valle e Álvaro Recio son presentados en sociedade

Néstor Valle e Álvaro Recio son presentados en sociedade
Néstor Valle e Álvaro Recio son presentados en sociedade

Ambos xogadores adestraranse hoxe pola tarde ás ordes de Davis Rial

O Santiago Futsal presentou hoxe no Café Casino, lugar emblemático de Santiago, a dous xogadores que a pasada fin de semana conseguiron o título de campións de Europa Sub-19,  Néstor Valle e Álvaro Recio.

Acompañados polo Presidente do Santiago Futsal D. Ramón García Seara, e despois da súa recepción pola corporación municipal no Pazo de Raxoi, os  xogadores do Santiago Futsal atenderon aos medios coa súa nova camiseta.

“Estes xogadores representan a mocidade e a ambición deste novo Santiago Futsal 2019-2020. Os dous contan cunha incrible proxección e esperamos que poidan crecer e dar o seu mellor nivel connosco nesta temporada que xa comezou e na que nós debutamos este sábado contra o  Alzira FS” afirmou o Presidente.

Álvaro Recio, porteiro que dá máis seguridade aínda á meta dos santiagueses, provén do  AD Alcorcón FS no que callou unha gran temporada pasada. O madrileño declarou que “ O Santiago Futsal é un dos mellores clubs da historia do  futsal español, é unha honra fichar por el. Afronto o reto con moita ilusión e moitas ganas. Prometo constancia e esforzo.”

“Nito”, xogador cedido do Pescados Rubén Burela, é un peche nado en Burela con moita calidade e saída de balón, que tamén desempeñou un gran papel neste primeiro Europeo Sub-19. Na súa presentación comentou que estaba “Moi contento pola oportunidade de xogar aquí, é unha motivación enorme e xa temos ganas de que chegue o sábado.  Tentarei dar o mellor de min para conseguir os obxectivos fixados para o equipo”.

Ambos xogadores adestraranse hoxe pola tarde ás ordes de Davis Rial para preparar o debut en liga contra o  Alzira FS este sábado ás 17:30 en Santa Isabel.

Comentarios