A amesá Antía Lourido Villasenín participará no Campionato de España de Patinaxe Artística

A amesá Antía Lourido Villasenín participará no Campionato de España de Patinaxe Artística
A amesá Antía Lourido Villasenín participará no Campionato de España de Patinaxe Artística

A nena amesá, Antía Lourido Villasenín, patinadora do club Ágora, participará os días 18 e 19 de outubro no Campionato de España de Patinaxe Artística

 A nena amesá, Antía Lourido Villasenín, patinadora do club Ágora, participará os días 18 e 19 de outubro no Campionato de España de Patinaxe Artística. A rapaza de 11 anos desprazarase a Zaragoza, xunto coa súa adestradora, Carla Iglesias Del Salvador, e cos demais membros da Federación Galega, para representar a Galicia en dito campionato. Antía Lourido Villasenín acadou a clasificación  no Campionato Galego de Patinaxe Artística celebrado no pasado mes de xullo en Gondomar.

O pasado mes de xullo celebrouse en Gondomar o Campionato Galego de Patinaxe Artística na modalidade libre, no que Antía Lourido Villasenín, de 11 anos, patinadora do Club Ágora, acadou a súa clasificación na categoría infantil para o Campionato de España.

Os próximos días 18 e 19 de outubro, Antía Lourido e a súa adestradora, a amesá, Carla Iglesias Del Salvador, desprazaranse a cidade de Zaragoza, xunto cos demais membros da Federación Galega, para representar a nosa Comunidade Autónoma no Campionato de España de Patinaxe Artística.

Comentarios
Lo más