Continúan os momentos de chuvias en Compostela

Continúan os momentos de chuvias en Compostela
Continúan os momentos de chuvias en Compostela

En Compostela a temperatura mínima acadará os 18ºC e a máxima acadará os 29ºC

O mércores persiste a situación de inestabilidade atmosférica por aire frío en capas altas. 

Deste xeito, agárdanse néboas matinais en zonas de interior e brétemas costeiras no litoral atlántico, que darán paso a ceos con alternancia de nubes e claros, con chuvascos treboentos, máis probables pola tarde no interior. 

As temperaturas non terán cambios significativos, ou sufrirán lixeiros descensos. En Compostela a temperatura mínima acadará os 18ºC e a máxima acadará os 29ºC.

Os ventos soprarán frouxos en xeral, de dirección variable, con predominio do nordés no litoral norte.

Comentarios