Panut e Peerapat presentados oficialmente

Panut e  Peerapat presentados oficialmente
Panut e Peerapat presentados oficialmente

Os xogadores levan desde mediados de agosto en terras compostelás. Xa integrados totalmente na disciplina do club, adaptáronse ao plantel e á cidade grazas aos seus compañeiros

O Santiago Futsal presentou hoxe na Casa dos Xacobes, local de fusión gastronómica asiático-galega-rabelatina de Santiago de Compostela, ás súas últimas dúas incorporacións para a temporada 2019-2020.

Panut Kittipanuwong e Peerapat Kaewwilai, acompañados polo Presidente do club Ramón García Seara, pousaron ante os medios no seu primeiro acto oficial como xogadores do Santiago Futsal.

Os dous xogadores, procedentes do Chonburi Bluewave, equipo da cidade de Bangkok na Thai League, seguen o camiño que iniciaron Muhammad Osamanmusa e Ronnachai Jungwongsuk hai uns anos ao chegar ao club desde Tailandia.

“Con estas incorporacións o club garántese un salto de calidade a nivel deportivo e tamén reforza a súa imaxe e a súa presenza en Asia. Queremos agradecer ao Chonburi Bluewave, e en especial a José María Pazos “Pulpis”, a colaboración para levar a cabo estas fichaxes. Esperamos que tanto Panut como Peerapat poidan sacar todo o seu futbol sala connosco e demostren a súa calidade moi pronto. Grazas a eles e ás Escolas Santiago Futsal Talent Factory o noso club ten cada vez máis peso no continente asiático.”

Os xogadores levan desde mediados de agosto en terras compostelás. Xa integrados totalmente na disciplina do club, adaptáronse ao plantel e á cidade grazas aos seus compañeiros.

Peerapat, pivot nado en 1996 que xogará co número 20, xa ten a licenza tramitada polo que o adestrador David Rial xa poderá contar con el desde a primeira xornada de liga. En declaracións tomadas ao xogador afirmou “Moitísimas grazas por esta oportunidade de estar en Santiago Futsal. O meu ídolo sempre foi Betao, vinlle xogando pola primeira vez na Copa de España 2006, e desde aquela o meu soño sempre foi xogar en España e é unha gran honra xogar no seu ex equipo.”

Panut, á nacido en 1998, e a pesar de formar totalmente parte da disciplina do club, non terá ficha federativa ata a segunda volta. O novo 7 do Santiago declarou “Estou moi contento e moi emocionado para ser parte do Santiago Futsal, un club que foi campión de Europa, cando teña a oportunidade de xogar por este club, vou dar o máximo. Vai ser todo un desafío e espero estar á altura”.

Comentarios