Alerta na Central Térmica de As Pontes por un incendio na súa maquinaria

Alerta na Central Térmica de As Pontes por un incendio na súa maquinaria
Alerta na Central Térmica de As Pontes por un incendio na súa maquinaria

Arredor das 04:00 horas, os propios servizos de emerxencia da empresa alertaban ao CIAE 112 Galicia dun incendio na fábrica de Endesa, en As Pontes

Un novo incendio na empresa de Central Térmica de As Pontes alertou esta madrugada aos servizos de emerxencia. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais nin ambientais.

Arredor das 04:00 horas, os propios servizos de emerxencia da empresa alertaban ao CIAE 112 Galicia dun incendio na fábrica de Endesa, en As Pontes. Indicaban que ardía maquinaria no parque de carbón e solicitaban a colaboración dos Bombeiros.

De inmediato, con esa información, desde o 112 Galicia informouse aos Bombeiros do Eume, aos axentes da Garda Civil e Policía Local, que enseguida se desprazaron ata o lugar. Ademais, solicitouse a colaboración Protección Civil da localidade, ao persoal de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e de Augas de Galicia. Do mesmo xeito, comunicouse a situación ao persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 por se fora preciso a súa intervención.

Finalmente, segundo o relato dos Bombeiros que colaboraron co persoal da mesma fábrica na extinción do incendio, comunicaban que o incendio quedou controlado ás 05:45 horas e que non supoñía ningún perigo.

Comentarios
Lo más