Máis dun cento de persoas participaron na concentración en Boqueixón en repulsa do asasinato machista de Valga

Estudantes do CPIP Antonio Orza Couto acudiron a esta concentración con pancartas nas que constaba as lendas “Nin unha máis” e “Paremos Xa”

O Consistorio de Boqueixón acolleu onte unha concentración en sinal de repulsa polo triplo asasinato machista cometido o luns en Valga. Máis dun cento de persoas acudiron a este acto, que estivo presidido polo alcalde boqueixanés, Manuel Fernández Munín, e que contou tamén coa presenza de representantes tanto do executivo local como da oposición. Non faltaron a esta cita numerosos veciñas e veciños, así como os traballadores e traballadoras municipais.

Estudantes do CPIP Antonio Orza Couto acudiron a esta concentración con pancartas nas que constaba as lendas “Nin unha máis” e “Paremos Xa”. O rexedor boqueixanés procedeu á lectura dun breve manifesto no que amosou a súa máis firme condea a calquera forma de violencia de xénero, facendo especial fincapé no triplo asasinato machista cometido este luns en Valga. 

Tras a lectura do manifesto, gardáronse tres minutos de silencio en sinal de protesta por este tipo por este novo crime machista.

Comentarios
Lo más