Continúa a inestabilidade atmosférica

Continúa a inestabilidade atmosférica
Continúa a inestabilidade atmosférica

En Compostela a temperatura mínima acadará os 15ºC e a máxima os 28ºC

O xoves non se agardan cambios significativos en Galicia, xa que continuará o aire frío en altura. 

Polo tanto, os ceos estarán parcialmente anubrados con chuvascos treboentos no interior co avance do día e presenza de néboas no litoral.

As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. En Compostela a temperatura mínima acadará os 15ºC e a máxima os 28ºC.

O vento soprará frouxo de dirección variable, sendo do nordés no litoral norte e entrando a compoñente oeste pola tarde nas Rías Baixas.

Comentarios