Ames berra en contra da violencia machista polo crimen de Valga

Ames berra en contra da violencia machista polo crimen de Valga
Ames berra en contra da violencia machista polo crimen de Valga

Decenas de veciños fixéronse ouvir na praza da Maía

Hoxe a Praza da Maía acolleu a concentración convocada pola Plataforma Feminista de Ames en contra da violencia machista polo triplo crimen de Valga na que José Luis Abet Lafuente, veciño de Ames, asasinaou a súa exmuller Sandra e a súa excuñada e exsogra; Alba e Elena.

Unha decena de persoas reuníronse ás 20:00 horas na praza para gritar en contra da violencia machista que terminou coa vida de 42 mulleres no que levamos do 2019.

Entre berros e eslóganes os presentes fixéronse escoitar nunha concentración que foi seguida por veciños de Bertamiráns que se achegaron para mostrar o seu rexeitamento aos últimos actos violentos do patriarcado.

Este venres haberá outra concentración dentro da #EmerxenciaFeminista convocada pola Plataforma Feminista de Galicia. Será ás 20:30 horas na Praza do Concello.

Comentarios