Buscan a unha peregrina desaparecida no Cebreiro mentres facía o Camiño de Santiago

Buscan a unha peregrina desaparecida no Cebreiro mentres facía o Camiño de Santiago
Buscan a unha peregrina desaparecida no Cebreiro mentres facía o Camiño de Santiago

Desde ese momento, ademais dos axentes, membros do GES de Becerreá e  efectivos de Protección Civil de A Fonsagrada e de Sarria, tratan de localizar á persoa

Os servizos de emerxencias atópanse na procura dunha muller que se perdeu mentres facía o Camiño de Santiago.

Pasados uns minutos das 13:00 horas deste mediodía, persoal do 112 Castela e León alertaba ao 112 Galicia do suceso. Indicaban que a persoa, de fala italiana, se desviara ao desorientarse mentres percorría o tramo comprendido entre Vilafranca do Bierzo e o Cebreiro. Foi ela mesma quen chamou ao centro de emerxencias.

Decontado, con estes datos, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento da Garda Civil, que ao mesmo tempo, comunicaron que recibiran a alerta dun grupo de peregrinos italianos que aseguraban que perderan a unha compañeira.

O 112 Galicia puido contactar coa peregrina, que descoñece o lugar onde se atopa, asegura que non pode avanzar no camiño porque ten as pernas moi doridas pero que non necesita asistencia sanitaria.

Desde ese momento, ademais dos axentes, membros do GES de Becerreá e  efectivos de Protección Civil de A Fonsagrada e de Sarria, tratan de localizar á persoa.

Comentarios