Ferido de gravidade un motorista ao chocar contra un vehículo en Oroso

Ferido de gravidade un motorista ao chocar contra un vehículo en Oroso
Ferido de gravidade un motorista ao chocar contra un vehículo en Oroso

O accidente produciuse uns minutos despois das 19:30 horas da pasada tarde

Un choque entre unha moto e un coche deixou unha persoa ferida de consideración no concello coruñés de Oroso.

O accidente produciuse uns minutos despois das 19:30 horas da pasada tarde. Foi, a esa hora, cando varios particulares alertaban ao 112 Galicia dun accidente entre un coche e unha moto na DP-3801, na estrada que une Sigüeiro e A Grabanxa.

De contado, desde o 112 Galicia, comunicouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, debido á gravidade da situación, informaba a saída do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, que tomaba terra no mesmo lugar do accidente.

Ademais dos servizos sanitarios de urxencia trasladáronse ata o lugar do sinistro, os axentes da Garda Civil de Tráfico e os efectivos de Protección Civil. Así mesmo, informouse do sucedido, por se fora precisa a súa intervención, aos Bombeiros de Santiago e aos de Ordes.

Finalmente, o ferido foi evacuado na aeronave ata o centro hospitalario de referencia.

Comentarios
Lo más