Unha persoa resulta ferida polas cadeas do seu tractor rozador

Unha persoa resulta ferida polas cadeas do seu tractor rozador
Unha persoa resulta ferida polas cadeas do seu tractor rozador

Os xestores de emerxencias do 112 Galicia informaban do sucedido aos profesionais sanitarios que comunicaban o desprazamento dunha aeronave ata o lugar do sinistro

Sobre as 19:30 horas, en Oroso. Unha persoa resultou ferida polas cadeas dun tractor rozador. Así o informaba un particular que alertaba do sucedido ao 112 Galicia.

Con esa información, os xestores de emerxencias do 112 Galicia informaban do sucedido aos profesionais sanitarios que comunicaban o desprazamento dunha aeronave ata o lugar do sinistro, aínda que finalmente, o ferido foi trasladado polo persoal sanitario nunha ambulancia.

Ademais dos servizos médicos de urxencia, comunicouse o suceso aos Bombeiros de Silleda, aos axentes da Garda Civil e Policía Local e ao persoal de Emerxencias da Estrada.

Comentarios
Lo más