Atopan o corpo sen vida do home desaparecido en Ourense

Atopan o corpo sen vida do home desaparecido en Ourense
Atopan o corpo sen vida do home desaparecido en Ourense

Foi a familia quen, pasada a medianoite, deu a voz de alarma tras varios intentos fallidos de contactar co home

Os servizos de emerxencias rescataron o corpo sen vida dun septuaxenario que foi localizado no interior dun pozo despois de desaparecer do seu domicilio en Albite, Muíños.

Foi a familia quen, pasada a medianoite, deu a voz de alarma tras varios intentos fallidos de contactar co home. A partir de aí, activouse un operativo de busca que finalizou sobre a 1:30 da madrugada coa localización do cadáver do señor dentro dun pozo no Monte do Tapado. 

Desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pero só puideron confirmar o falecemento deste veciño da parroquia de Prado de Limia. 

No operativo de busca participaron os membros do GES de Muíños en colaboración cos axentes da Garda Civil.

Comentarios
Lo más