Un vehículo envorcou nun accidente en Vigo

Un vehículo envorcou nun accidente en Vigo
Un vehículo envorcou nun accidente en Vigo

 Sucedeu preto das 07:45 horas na Rúa Lepanto, en Vigo

O 112 Galicia rexistrou esta mañá outro accidente no que tamén tiveron que intervir os servizos de urxencia, tras resultar ferido un condutor tras envorcar o seu vehículo. Sucedeu preto das 07:45 horas na Rúa Lepanto, en Vigo.

Segundo a persoa que chamou ao 112 Galicia para alertar, o turismo caeu por un desnivel e quedou envorcado na rampla dun aparcadoiro. Como consecuencia do impacto, o condutor resultou ferido pero atopábase fora do vehículo, polo que non foi preciso o uso de material de excarceración.

Comentarios