Ferido un operario cando traballaba na recollida de residuos

Ferido un operario cando traballaba na recollida de residuos
Ferido un operario cando traballaba na recollida de residuos

Ata ao lugar acudiron, informados por 112 Galicia, os profesionais sanitarios e os Bombeiros de Vigo, mais finalmente, non foi necesario o uso do material de excarceración

Un operario resultou ferido mentres traballaba cun camión de recollida de residuos na Rúa Romeu, no concello de Vigo.

Pasadas as dez desta mañá, varias persoas alertaron ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE) 112 Galicia da situación na que se atopaba o operario, e solicitaban asistencia médica urxente. No seu relato indicaban que unha das súas pernas quedara atrapada na maquinaria dun camión de recollida de residuos.

Ata ao lugar acudiron, informados por 112 Galicia, os profesionais sanitarios e os Bombeiros de Vigo, mais finalmente, non foi necesario o uso do material de excarceración, pero si precisaron a súa axuda para para baixar o traballador do vehículo. Tamén, comunicouse o suceso aos axentes da Policía Local e Nacional para aclarar as circunstancias do accidente.

Comentarios
Lo más