A nova unidade de paliativos de Conxo contará con espazos máis amplos e confortables

A nova unidade de paliativos de Conxo contará con espazos máis amplos e confortables
A nova unidade de paliativos de Conxo contará con espazos máis amplos e confortables

A nova estrutura perfectamente dimensionada permite mellorar a confortabilidade pois as habitacións serán individuais e contará con dous espazos específicos para uso das familias dos pacientes, un deles con cociña

A xerencia de Xestión Integrada Compostelá contará nos vindeiros días cunha nova Unidade de Paliativos (UPAL) que será máis ampla, confortable e avanzada. Enmárcase dentro da estratexia de atención ao paciente crónico e pluripatolóxico e de humanización na que está inmersa da xerencia sanitaria de Santiago. 

Se o luns abría o novo Hospital de Día da Área Médica en Conxo, agora está previsto que proximamente comece a funcionar unha nova Unidade de Paliativos (UPAL) nese hospital, procurando así a interconexión das unidades que xiran en torno a estes pacientes crónicos, tal e como viñan demandando os profesionais da XXIS.

Cun investimento duns 100.000 euros e un espazo de 920 m2, a nova UPAL aportará maior confortabilidade tanto aos enfermos como as súas familias. Contará con 17 habitacións individuais e 2 máis que se poderían facer dobres en caso de necesidade, amais de dúas estancias de confort para as familias, nas que nunha delas se instalou unha cociña. En total serán 21 camas.

Comentarios
Lo más