Ceos cubertos con baixada de temperaturas

Ceos cubertos con baixada de temperaturas
Ceos cubertos con baixada de temperaturas

En Compostela a temperatura mínima acadará os 14ºC e a máxima chegará aos 21ºC

Para o venres mantense certa inestabilidade atmosférica, con ventos de compoñente sur que traerán moita humidade no litoral. 

Así, durante a mañá os ceos estarán parcialmente cubertos, con máis nubes na franxa atlántica con brétemas sobre o mar. 

Á tarde iranse retirando as brétemas e formaranse nubes de evolución no interior que deixarán chuvascos máis probables na provincia de Lugo.

As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos mentres que as máximas sufrirán un moderado descenso na metade oeste e quedarán sen cambios no leste. En Compostela a temperatura mínima acadará os 14ºC e a máxima chegará aos 21ºC.

O vento soprará frouxo de compoñente sur.

Comentarios