Arde unha vivenda na rúa Castrón Douro e descubren unha plantación de marihuana

Arde unha vivenda na rúa Castrón Douro e descubren unha plantación de marihuana
Arde unha vivenda na rúa Castrón Douro e descubren unha plantación de marihuana

Os Bombeiros de Santiago continúan traballando para a completa extinción do lume cuxas causas descoñécese de momento

Unha persoa resultou ferida de consideración a causa dun incendio declarado no interior nun inmoble do barrio santiagués de Sar.

Todo sucedeu ás 11:45 horas cando varios veciños chamaron ao 112 Galicia alertados por unha columna de fume que vían saír do tellado dunha vivenda que ubicaban na Rúa Castrón Douro.

IMG 0395

De inmediato, os xestores de emerxencias do 112 Galicia informaron aos profesionais sanitarios de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para atender e evacuar ao Complexo Hospitalario de Santiago a persoa con diversas queimaduras sufridas durante o incendio.

Ademais, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia puxo os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Santiago, que continúan traballando para a completa extinción do lume cuxas causas descoñécese de momento.

PLANTACIÓN DE MARIHUANA

Tras as labores de extinción do incendio, os Bombeiros de Santiago de Composte descubriron unha plantación de marihuana na vivenda, da cal está semiabandonada. 

Están traballando para extinguir por completo o lume para despois coñecer as causas do incendio que de momento descoñécense.

IMG 0398

Comentarios