Evacuadas tres persoas, un adulto e dous menores, por mor dun incendio nunha vivenda en Barbadás

Evacuadas tres persoas, un adulto e dous menores, por mor dun incendio nunha vivenda en Barbadás
Evacuadas tres persoas, un adulto e dous menores, por mor dun incendio nunha vivenda en Barbadás

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo coñecemento do suceso mediante a chamada de alerta da propietaria da vivenda ás 21:00 horas desta pasada noite

Os servizos sanitarios de urxencia evacuaron a pasada noite a tres persoas, un adulto e dous menores, con síntomas de intoxicación por inhalación de fume procedente dun incendio declarado na cociña dunha vivenda en Barbadás.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo coñecemento do suceso mediante a chamada de alerta da propietaria da vivenda ás 21:00 horas desta pasada noite, cando se iniciou un lume na mesma, situada na Avenida de Celanova, en A Valenzá.

No momento de produciuse o incendio na cociña, atopábanse no interior da vivenda as tres persoas, que atallaron o lume polo seus medio, pero, aínda así, inhalaron fume, xa que se estendía por toda a vivenda. Deste xeito, tres persoas, un adulto e dous menores, necesitaron asistencia médica, polo que foron trasladas polos profesionais do Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

En relación aos danos materiais, o incendio afectou aos mobles da cociña, a placa vitrocerámica e a campá extractora.

Cómpre sinalar que ata o lugar acudiron, informados polo 112 Galicia, ademais dos servizos sanitarios, os efectivos do parque de Bombeiros de San Cibrao das Viñas, os membros do GES de Pereiro de Aguiar e axentes da Policía Local. Ademais, solicitouse a colaboración do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade.

Comentarios