Debuta A Resistencia contra o Nitida Alzira FS

Debuta A Resistencia contra o Nitida Alzira FS
Debuta A Resistencia contra o Nitida Alzira FS

Os visitantes, que comezaron perdendo na casa contra o Irefrank Elxe CF por 0-4, buscarán o seu primeiros tres puntos en liga en Santa Isabel

Este sábado día 21 ás 17:30 o Santiago Futsal debuta en Santa Isabel contra o  Nitida Alzira FS no que será o seu segundo ano consecutivo na Segunda División da LNFS.

Os da capital galega comezan unha xornada máis tarde que o resto dos seus competidores debido ao aprazamento do primeiro partido contra o Real Betis FS pola convocatoria de tres dos seus xogadores no Europeo Sub 19.

Os visitantes, que comezaron perdendo na casa contra o Irefrank Elxe CF por 0-4, buscarán o seu primeiros tres puntos en liga en Santa Isabel. Pola súa banda, o combinado galego quere asegurarse a primeira vitoria da campaña ante a súa afección e comezar con bo pé a campaña 2019-2020.

Para este primeiro partido a escuadra santiaguesa contará con todos os seus efectivos menos Jesús  Gambín, recentemente operado da súa fractura na base do quinto metatarsiano do seu pé dereito.

David Rial, na rolda de prensa celebrada hoxe no Multiusos Fontes  do Sar, analizou o choque ante os medios asistentes. O técnico, que non poderá dirixir ao seu equipo desde o banco por unha sanción acumulada da temporada pasada, opinou sobre os seus rivais que “ son un equipo duro, sabemos que vai ser unha estrea complicada xa que son debutantes na categoría e teñen ganas de puntuar”

Con respecto ao seu equipo afirmou que “independentemente do que pase mañá en Santa Isabel, teremos que esperar para ver a mellor versión deste equipo. Temos moitas ganas de comezar a competición, estamos a desexar que chegue mañá” 

Comentarios