A franxa litoral de Ribeira estrea luminarias de baixo consumo

A franxa litoral de Ribeira estrea luminarias de baixo consumo
A franxa litoral de Ribeira estrea luminarias de baixo consumo

Esta actuación é posible grazas á axuda de fondos europeos FEDER para o programa Máis Riveira Atlántica 2020 e adscríbese á liña dirixida á mellora da eficiencia enerxética

O Concello de Ribeira informa de que está en marcha a actuación destinada a mellorar a alumeado da franxa litoral a través da instalación de preto de 500 luminarias LED entre Palmeira e Aguiño. Concretamente, a iniciativa comprende a instalación de luces no paseo de Insuela, no paseo da Ameixida, no parque de Punta do Castro e nas pasarelas das praias de Castro e A Catía, así como a renovación das luces do paseo do Carreiro e do porto de Aguiño.

Froito dos traballos xa emprendidos, onte pola noite comezaron a funcionar en fase previa á súa recepción as luminarias dispostas no paseo marítimo da Ameixida: concretamente, 72 balizas que percorren o longo da infraestrutura.

Cómpre lembrar que esta actuación enmárcase na EDUSI Máis Ribeira Atlántica 2020, financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional dentro do Programa Operativo de Crecemento Sostible (POCS) 2014-2020. Adscríbese a liña de actuación deste plan denominada Mellora da Eficiencia Enerxética na Administración Pública, dentro do obxectivo temático número 4 (Economía Baixa en Carbono).

Comentarios
Lo más