O Pino destina 44.575 euros a subvencións municipais para entidades sen ánimo de lucro

O Pino destina 44.575 euros a subvencións municipais para entidades sen ánimo de lucro
O Pino destina 44.575 euros a subvencións municipais para entidades sen ánimo de lucro

O 16 de outubro remata o prazo de presentación das solicitudes das axudas, dotadas con fondos propios

O Concello de O Pino publicou esta semana no Boletín Oficial da Provincia as bases da convocatoria para a concesión de subvencións municipais destinadas a asociacións e entidades sen ánimo de lucro do termo municipal para o presente exercicio 2019. 

O obxectivo desta convocatoria e establecer axudas económicas para colaborar na financiación de actividades  e investimentos que as entidades realicen durante este ano no eido da cultura, deportes e patrimonio histórico. O Concello destina a estas axudas un total de 44.575 euros de fondos propios.

Destas axudas poden beneficiarse as as escolas unitarias e o CPI Camiño de Santiago, a ANPA; as entidades, sociedades ou asociacións culturais e deportivas, e tamén as igrexas parroquiais (estas nas axudas para a conservación do patrimonio).

O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 16 de outubro. Aquelas entidades que resulten beneficiadas con algunha destas subvención deberán presentar a xustificación do gasto antes do 29 de novembro deste ano.

Comentarios
Lo más