O Concello de Ordes destina 25.000 euros ás axudas para a adquisición de material escolar

O Concello de Ordes destina 25.000 euros ás axudas  para a adquisición de material escolar
O Concello de Ordes destina 25.000 euros ás axudas para a adquisición de material escolar

O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o vindeiro 11 de outubro. Poderase beneficiar o alumnado de educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria

Ata o vindeiro 11 de outubro o Concello de Ordes manterá aberto o prazo de solicitude para as axudas de material escolar. 

Este ano o Departamento de Educación aumenta ata os 25.000 euros a partida destinada a esta finalidade, co fin de que se poidan beneficiar o número máximo de familias empadroadas e residentes no municipio. O método de pago será mediante un vale que se poderá intercambiar nos establecementos adheridos.

Entre os requisitos indispensables figuran  a escolarización nos cursos de infantil, primaria ou secundaria obrigatoria dalgún centro situado no municipio, ademais de que todos os membros da unidade familiar estean empadroados nel.

Comentarios
Lo más