Santiago acollerá o Talentia Summit 2019, o maior cume do talento e o emprego

Santiago acollerá o Talentia Summit 2019, o maior cume do talento e o emprego
Santiago acollerá o Talentia Summit 2019, o maior cume do talento e o emprego

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presentou o Talentia Summit, evento que enmarcou na aspiración do Goberno municipal de "crear emprego cualificado e empresas no ámbito tecnolóxico e cultural"

O luns 21 de outubro comeza Talentia Summit ’19, un gran encontro do talento e do emprego. Este evento pretende un referente a nivel galego respecto á xestión e o desenvolvemento do talento e o emprego. A capital de Galicia acollerá preto dun centenar de empresas punteiras e personalidades de relevancia, como a ministra de Economía e Empresa en funcións, Nadia Calviño.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presentou o Talentia Summit, evento que enmarcou na aspiración do Goberno municipal de "crear emprego cualificado e empresas no ámbito tecnolóxico e cultural". Así, falou da necesidade de "incrementar a base económica de Santiago" máis alá do ámbito turístico e de "transformar o alto nivel de coñecemento en tecido empresarial".

Acompañou o rexedor na presentación o técnico municipal responsable da área de Emprego, Xavier Ferreiro, quen destacou o salto cualitativo e cuantitativo que dá o evento este ano, co obxectivo de internacionalizalo xa en 2020. Sobre o programa, salientou os dous días de feira aberta, que será "non só un espazo de encontro entre empresas e posibles traballadores, senón tamén entre as empresas e provedores de servizos". Ademais, respecto á edición pasada, citou o incremento de postos de traballo ofertados (preto de 850), de empresas presentes (sobre 100) ou de certificados (máis de 25).

TRANSFORMACIÓN DIXITAL

Nun mundo en constante cambio, o talento é e será a chave para definir e alcanzar os grandes retos da sociedade. Esta edición porá o foco en como afecta a transformación dixital ás persoas e tamén no compromiso social empresarial cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) acordados pola ONU no marco da Axenda 2030. Sobre este horizonte estará presente, como conferenciante no Foro Talentia, Federico Buyolo, director xeral da Oficina do Alto Comisionado para a Axenda 2030.

Durante tres xornadas (do 21 ao 23 de otubro), a clave do encontro será a potenciación do talento, reunindo e dando visibilidade ás organizacións e empresas máis comprometidas co desenvolvemento, a promoción e a retención do talento. Doutra banda, os/as participantes poderán presentarse ante os/as responsables de recrutamento de empresas, acreditarse mediante certificacións de competencias dixitais ou idiomas, e asistir a conferencias, obradoiros ou exposicións sobre a transformación dixital e outras moitas actividades para mellorar a súa capacidade de acadar un emprego. 

Comentarios