Os populares preguntan a relación da empresa da xestión das multas coa decisión do novo rádar en Conxo

Os Populares destacan que o seu grupo non cuestiona a conveniencia ou non desta iniciativa do Goberno local

O Grupo Municipal Popular preguntará a Goberno de Sánchez Bugallo no vindeiro Pleno ordinario sobre cal é a participación da empresa que xestiona as multas de tráfico na decisión de instalar un novo radar no túnel de Conxo.

Hai uns días que saltou nos medios informativos locais a nova na que se daba conta da decisión do Executivo municipal de instalar un novo radar para o control do tráfico no túnel situado baixo a glorieta de Conxo.

Os Populares destacan que o seu grupo non cuestiona a conveniencia ou non desta iniciativa do Goberno local, o que sorprende é a afirmación de que o departamento de Tráfico adopta a súa decisión baseándose no estudo realizado pola empresa que xestiona o cobro de multas.

Comentarios
Lo más