Comezan a chegar as chuvias fortes á cidade

Comezan a chegar as chuvias fortes á cidade
Comezan a chegar as chuvias fortes á cidade

En Compostela a temperatura mínima acadará os 15ºC e a máxima os 19ºC

Galicia verase afectada durante esta xornada polo paso dunha fronte fría asociada a unha borrasca que se localizará ao oeste de Irlanda. 

Deste xeito o ceo estará moi anubrado e as chuvias comezarán polo oeste nas primeiras horas e iranse estendendo ao resto do territorio co avance da xornada. 

As chuvias irán remitindo pola tarde pero á noite volverán os chuvascos, ocasionalmente fortes e treboentos na franxa atlántica. 

As temperaturas mínimas serán suaves, pero as máximas descenderán de xeito moderado a notable. En Compostela a temperatura mínima acadará os 15ºC e a máxima os 19ºC.

Os ventos soprarán moderados de compoñente sur, con intervalos fortes no litoral.

Comentarios
Lo más