A Emerxencia Feminista toma as rúas de Compostela

A Emerxencia Feminista toma as rúas de Compostela
A Emerxencia Feminista toma as rúas de Compostela

A treboada feminista volve a facer historia na cidade

As rúas de Compostela echéronse onte a noite con milleiros de mulleres e homes cun punto de encontro: a Praza de Galicia. A #EmerxenciaFeminista percorreu as rúas compostelás para concentrarse no punto neurálxico da cidade.

A treboada feminista volve a facer historia na cidade con mulleres de todas as idades para reclamar un feminismo real nas institicións, nos traballos, nos salarios... na vida. 

Esta concentración e mobilización serve para volver a visibilizar o machismo na sociedad e tamén para amosas a repulsa ao asasinato das mulleres por parte dos homes nas últimas semanas, sobre todo o triplo crimen de Valga.

Un día despois, un cidadá extranxeiro asasinou en Madrid a súa exparella, diante das súas fillas menores de idade, de 8 e 10 anos.

Baixo o lema "a noite é morada" a concentración e manifestación esixiron máis medidas na loita contra a violencia de xénero.

Nos últimos anos, sucesos como os feminicidios e as violacións colectivas mobilizaron á sociedade galega e española en contra da violencia machista e a favor da igualdade real.

Comentarios