Ferido un home ao sufrir un accidente co seu tractor

Ferido un home ao sufrir un accidente co seu tractor
Ferido un home ao sufrir un accidente co seu tractor

O suceso ocorreu no lugar de O Morteiro, en San Xusto de Cabarcos

Un home resultou ferido esta tarde no concello lucense de Barreiros despois de sufrir un accidente co tractor que manexaba.

O suceso ocorreu no lugar de O Morteiro, en San Xusto de Cabarcos. Foi o mesmo implicado quen, pasados dez minutos das 15:30 horas, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que necesitaba asistencia porque tivera un accidente co tractor, estaba só e aseguraba estar atrapado.

A partir de aí, decontado, os xestores de emerxencias pasaron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros de Barreiros. De igual xeito, alertaron á Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Unha vez no punto, os Bombeiros comunicaron que non foi necesario excarcerar. Os membros de Protección Civil axudaron ao  persoal sanitario na evacuación do ferido para, posteriormente, ser trasladado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

Comentarios
Lo más