Dous accidentes en Foz deixan unha persoa falecida e outras dúas feridas

Dous accidentes en Foz deixan unha persoa falecida e outras dúas feridas
Dous accidentes en Foz deixan unha persoa falecida e outras dúas feridas

Os dous accidentes ocorreros case á mesma hora no municipio lucense deixando un morto e dous feirdos e atrapados

Unha persoa faleceu tras caer por un barranco co seu vehículo cando circulaba pola estrada de San Martiño, no concello lucense de Foz. Ás 11:45 horas, un particular alertaba ao 112 Galicia. Ademais de indicar que o coche se precipitara por un desnivel, aseguraba que no seu interior había unha persoa que non podía saír.

Acudiron ó lugar dos feitos os Bombeiros de Barreiros, o GES de Cervo,  axentes de Tráfico e os efectivos de Protección Civil. Finalmente, unha vez no punto, os Bombeiros comunicaron que os membros do GES acababan de excarcerar ao ocupante falecido do interior do turismo.

Dúas persoas excarceradas

Minutos antes, tamén en Foz, sobre as 11:30 horas, ocurreu outra saída de vía dun turismo que circulaba pola estrada que vai de Foz a Ferreira, ao redor do punto quilométrico 5.

Ata o punto desprazáronse de inmediato os Bombeiros de Barreiros, tras indicar o alertante que podía haber persoas atrapadas no interior do turismo. Do mesmo xeito, foron tamén informados o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os axentes de Tráfico, Policía Local, os GES de Cervo e os efectivos de Protección Civil da localidade.

Os bombeiros conseguiros extraer aos dous ocupantes do vehículo que chocara contra un farol de cemento, o que provocou que o cabreado quedara espallado pola vía.

Comentarios