Continúan as chuvias e baixan as temperaturas

Continúan as chuvias e baixan as temperaturas
Continúan as chuvias e baixan as temperaturas


En Compostela a temperatura mínima acadará os 14ºC e a máxima os 18ºC


Este domingo entrará en Galicia o aire frío que ven tras a fronte do sábado, que deixará unha xornada marcada de novo polos chuvasco. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvias de carácter intermitente máis frecuentes na metade oeste da Comunidade.

 As temperaturas sufrirán un descenso entre lixeiro e moderado. O vento soprará do sudoeste, frouxos pola mañá, aumentando a moderados pola tarde, fortes no litoral norte. 

No que respecta a Santiago esperanse un día chuvioso desde primeira hora da mañá con temperaturas que oscilarán entre os 14 e os 18 graos.

Comentarios