FICRURAL inaugurouse coa lectura dun manifesto e co repique de campás da igrexa da Gracia

FICRURAL inaugurouse coa lectura dun manifesto e co repique de campás da igrexa da Gracia
FICRURAL inaugurouse coa lectura dun manifesto e co repique de campás da igrexa da Gracia

Este domingo inaugurouse o FICRURAL 2019 no Centro Sociocultural da Gracia. Fíxose nun acto no que se deu lectura ao manifesto "A España baleirada" e se repenicaron as campás da igrexa ás 12:00 hora

FICRURARl 2018 deu o seu pistoletazo de saída este domingo no Centro Sociocultural da Gracia. Fíxose nun acto no que se deu lectura ao manifesto "A España baleirada" e se repenicaron as campás da igrexa ás 12:00 horas. Na inauguración participaron o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o deputado provincial de Contratación e Patrimonio, Xosé Luís Penas, ademais doutros/as integrantes da Corporación.

Na súa intervención, Sánchez Bugallo deu as grazas á Deputación da Coruña pola súa colaboración. Sinalou que "debemos facer unha reflexión: que rural temos e que rural queremos". A maior preocupación, dixo, é asegurar o futuro das novas xeracións: "temos que xerar actividade económica produtiva viable para que os máis novos non teñan que marchar de Santiago nin de Galicia". Segundo apuntou, o FICRURAL formula esa posibilidade: "ser quen de por en valor o que temos". "Temos que ser capaces –continuou- de converter determinadas producións tradicionais do rural en produtos de calidade, cun valor específico, como fan noutros lugares".

O deputado provincial de Contratación e Patrimonio, Xosé Luís Penas, indicou que ve este tipo de foros en clave de esperanza para o rural. "Falar do rural é falar de lingua, de cultura, de historia", afirmou, e iniciativas como está "dan a coñecer todo o potencial que ten o rural para o país, tanto económico como social".

Na inauguración do FICRURAL tamén estiveron presentes o concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel; a responsable de Urbanismo, Patrimonio e Acción Cultural, Mercedes Rosón; a portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín; e Cruz Vázquez, presidenta de FERUSA, a Federación de Asociacións do Rural de Compostela.

Comentarios
Lo más