Unha actriz de teatro sofre unha caída polo oco dun Auditorio en medio dunha representación

Unha actriz de teatro sofre unha caída polo oco dun Auditorio en medio dunha representación
Unha actriz de teatro sofre unha caída polo oco dun Auditorio en medio dunha representación

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a actriz caeu polo oco da orquestra mentres actuaba no Auditorio Gustavo Freire

Os servizos sanitarios de urxencia atenderon a noite pasada a unha muller que resultou ferida cando participaba nunha representación teatral en Lugo.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a actriz caeu polo oco da orquestra mentres actuaba no Auditorio Gustavo Freire.

Decontado, varias persoas contactaron co teléfono de emerxencias para dar conta da situación e pedir asistencia médica para a actriz. Así, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediu a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para enviar unha dotación ao lugar do accidente.

Ademais, desde o 112 Galicia, solicitouse a presenza dos axentes da Policía Nacional co obxecto de coñecer as circunstancias nas que se produciu o accidente.

Comentarios
Lo más