Rescatan a un home que caeu por un desnivel cando estaba percorrendo a Ruta dos Faros, en Ponteceso

Rescatan a un home que caeu por un desnivel cando estaba percorrendo a Ruta dos Faros, en Ponteceso
Rescatan a un home que caeu por un desnivel cando estaba percorrendo a Ruta dos Faros, en Ponteceso

A rápida intervención dos servizos de emerxencias e doutros sendeiristas que se atopan no lugar impediu que o home continuase descendendo polo desnivel

Un home caeu por un cantil cando percorría parte da Ruta dos Faros, ao paso polo concello coruñés de Ponteceso.

Por fortuna, a rápida intervención dos servizos de emerxencias e doutros sendeiristas que se atopan no lugar impediu que o home continuase descendendo polo desnivel.

Todo comezou pouco antes das once desta mañá cando varias persoas chamaron ao 112 Galicia para solicitar o rescate dun home que caera por un acantilado preto da Praia da Barda. Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia activou un operativo formado por un equipo médicos e efectivos da Policía Local e do GES da localidade.

Tamén foron informados os Bombeiros de Carballo, pero a axuda doutros sendeiristas, axentes da Policía Local e profesionais sanitarios fixo innecesaria a súa intervención ao pórse a salvo o afectado. Con todo, foi evacuado nunha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ata o centro de saúde para ser atendido dalgunhas mazaduras. 

Comentarios
Lo más