O Victoria FC feminino destaca este fin de semana cunha victoria e un empate

O Victoria FC feminino destaca este fin de semana cunha victoria e un empate
O Victoria FC feminino destaca este fin de semana cunha victoria e un empate

O debut en Santa Isabel non mudou as señas de identidade do Victoria que saltou ao campo cunha perfecta actitude e orde

EQUIPO A-----1ª DIVISIÓN NACIONAL (2ª XORNADA)

Segunda victoria consecutiva do equipo feminino do Victoria F.C. na 1ª División Nacional. O conxunto compostelá debutaba este domingo na casa co Racing de Santander B como rival, e o conxunto que dirixe Chivi García repetía goleada (a pasada fin de semana firmaba un 1-6 fronte o Sporting B en Xixón) nun encontro que as 'rojillas' dominaron dende o inicio.

O debut en Santa Isabel non mudou as señas de identidade do Victoria que saltou ao campo cunha perfecta actitude e orde. Non tardou Albita en abrir o marcador dun forte disparo dende fora da área (1-0, min. 7). Poucos minutos despois foi Chorén a que, cun tiro cruzado tras unha longa conducción, firmaba o 2-0 (min. 15). Antes do descanso Marta -que debutaba co equipo- celebraba o seu primero tanto coa camisola vermella ao transformar un rechace dentro da área pequena (3-0, min. 32).

Ó regreso do descanso, o Racing subiu un pouco a liña de presión, pero as locais souberon solventa-la defensa facendo moito dano pola banda. Foi Noelia, outra das xogadoras que debutaban este domingo co Victoria, quen aos poucos minutos de saír ao campo marcaba un bo gol de vaselina (4-0, min. 58). Tivo na man o conxunto santiagués a posibilidade de aumenta-lo marcador pois contou con moitas xogadas de gol que non foi quen de culminar pero sí chegou a réplica do Racing, no minuto 78, nun tanto que anotou Lara Fernández.

Invicto nas dúas primeiras xornadas, o Victoria F.C. manténse no máis alto da táboa da 1ª División Nacional (3ªmáxima categoría do fútbol femenino só por detrás da Liga Iberdrola e da 2ª División Pro) á espera da visita de novo o domingo (12.00 horas) no Sergas do Valladares.

EQUIPO B--- 1ª DIVISIÓN GALEGA (3ª XORNADA)

Polo que respecta ao equipo do Victoria F.C. na 1ª División Galega, as 'rojillas' sumaron na terceira xornada de Liga o segundo empate da tempada, esta vez na casa do Tomiño (2-2) o que as coloca sextas na clasificación.

O partido comezou bastante descontrolado, cos dous rivais buscando levar a iniciativa, pero nun par de xogadas ben trenzadas das xogadoras do equipo compostelá Carlita levaba o balón ás redes da meta local (0-2 ó descanso).

Na segunda metade o Tomiño deu un paso adiante en intensidade, e mediante balóns largos e segundas xogadas incomodou a un Victoria que vía como ó final o conxunto vigués lograba igualar de novo o marcador ata o 2-2 definitivo. 

Comentarios