Soledad Felloza visita a Biblioteca de Ribeira para unha función de contancontos a prol da igualdade

Soledad Felloza visita a Biblioteca de Ribeira para unha función de contancontos a prol da igualdade
Soledad Felloza visita a Biblioteca de Ribeira para unha función de contancontos a prol da igualdade

A actuación terá lugar no salón de actos do Centro Cultural Lustres Rivas anexo á biblioteca e está destinado a nenas e nenos de 3 a 12 anos e as súas familias

Hoxe martes, 24 de setembro, ás 18.00 horas, terá lugar unha nova función contacontos na Biblioteca. 

Esta é a primeira vez que a nomeada contadora e activista cultural Soledad Felloza visita a Biblioteca de Ribeira, e vén cunha sesión de contacontos moi especial. “Bolboretas” é o título deste espectáculo que está englobado nas accións promovidas desde o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, para fomentar a formación en igualdade das nenas e os nenos que visitan as bibliotecas da Rede de Bibliotecas de Galicia co seu programa “Ler Conta Moito. Igualdade”.

A actuación terá lugar no salón de actos do Centro Cultural Lustres Rivas anexo á biblioteca e está destinado a nenas e nenos de 3 a 12 anos e as súas familias.

QUINQUILLÁNS

Cómpre lembrar que o sábado pasado tivo lugar outra función contacontos na biblioteca que tivo como protagonistas a Os Quinquilláns Teatro coa proposta “A fábula do espantallo”.

Comentarios