As aulas de informática de Bertamiráns e do Milladoiro acollerán obradoiros de competencias dixitais para mulleres

As aulas de informática de Bertamiráns e do Milladoiro acollerán obradoiros de competencias dixitais para mulleres
As aulas de informática de Bertamiráns e do Milladoiro acollerán obradoiros de competencias dixitais para mulleres

A asociación Otro Tiempo achegará a Ames a realización duns obradoiros de competencias dixitais para mulleres, que se desenvolverán en Bertamiráns, do 30 de setembro ao 10 de outubro, e no Milladoiro, do 21 ao 31 de outubro


Baixo o título “Manexa as novas tecnoloxías e a comunicación para a túa autonomía”, as aulas de informática das Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro acollerán a realización de catro obradoiros de competencias dixitais dirixidos a mulleres. Os obradoiros desenvolveranse na Aula CeMIT, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns, do 30 de setembro ao 10 de outubro, e na Aula de Informática do Milladoiro, na Casa da Cultura desta localidade, do 21 ao 31 de outubro. En ambos casos, o horario será de 09:30 a 13:30 horas.

O principal obxectivo do programa é contribuír ao empoderamento social e económico das mulleres en situación de vulnerabilidade social, para que participen plenamente na vida social, económica e cultural. Así, os obradoiros pretenden fomentar a redución da brecha dixital, facilitar o acceso das mulleres ás novas tecnoloxías como ferramenta de inserción socio-laboral, promover o autoemprego e construír alianzas e redes solidarias para o intercambio de recursos socio-laborais.

Obradoiros

O programa contempla a realización de catro obradoiros. O primeiro, que leva por título “Coñécete, valora as túas competencias”, servirá para que as mulleres participantes identifiquen as súas capacidades, os medios e o camiño para conseguir ser a dona das súas eleccións vitais. Definiranse os obxectivos personais e profesionais e aprenderase a elaborar un CV por competencias.

O segundo dos obradoiros, “Receitas dixitais para acadar os teus obxectivos”, buscará vencer ás resistencias tecnolóxicas aprendendo xuntas a usar diferentes ferramentas online para atopar traballo e/ou poñer en marcha un plan de autoemprego: TIC imprescindibles, webs, apps e redes sociais, recursos de búsqueda de emprego, como elaborar un currículum creativo, plataformas para dar a coñecer un proxecto de autoemprego e estratexias para ampliar a rede de contactos.

O obradoiro “Máis que palabras, aprópiate da comunicación” servirá para adestrar xuntas habilidades de comunicación necesarias en momentos vitais importantes nos que resolver conflictos, falar en público con seguridade, encarar unha entrevista laboral ou contar un proxecto de emprendemiento. Utilizarase o vídeo para tomar conciencia das dificultades e adestrar recursos e fortalezas.

Por último, no obradoiro “Iniciativas inspiradoras, proxectos liderados por mulleres” coñeceranse diferentes opcións para a formación e a autonomía económica, profundizando nas posibilidades que ofrece la economía social e solidaria para a incorporación ao mercado laboral con proxectos que priorizan as necesidades das persoase a posta en marcha de proxectos de emprendemento colectivo.

Inscricións

A participación nos obradoiros é de balde e pódense facer as inscricións cubrindo a ficha que se atopa na web do e remitíndoa ao enderezo electrónico cim@concellodeames.gal.


Comentarios